top of page
fondo sm.jpg

Sebastián Paz Ortiz

 Sebastián Paz Ortiz (1908-1999), predecesor de Prudencio Romo coma organista de San Martiño de Noia,  estivo ao cargo do órgano dende o pasamento do seu irmán Pepe Paz, ata aproximadamente o ano 1996.

 

Ambos organistas eran fillos do músico e compositor Noiés Felipe Paz Carbajal, que dá nome ao Conservatorio Profesional de Música de Noia e que axudou a montar o órgano que os irmáns Inchaurbe instalaron na igrexa de San Martiño de Noia no ano 1902.

​

A asociación o Tapal de San Martiño de Noia, tivo a sorte de que Sebastián Paz Suárez,  lle confiase a responsabilidade de poñer en valor e difundir a obra musical relixiosa de seu pai Sebastián Paz Ortiz, que aínda está viva na memoria de moitos veciños da vila, formando así parte indisociable do patrimonio cultural inmaterial da mesma.


Este fermoso agasallo que Sebas tivo a ben facer, está composto de motetes dedicados a San Xosé, a Santa Rita, a san Pedro e á Virxe do Carme, de tres misas completas, unha dedicada a san Blas, outra a Santa Rita, e unha terceira composta en galego,  así como de catro panxoliñas en galego que mesmo chegaron a acadar varios premios.

 

Se ben unha parte das súas obras están escritas en galego e outra parte en castelán, como  curiosidade, cabe sinalar tamén que Sebastián Paz foi un dos primeiros compositores en apostar polo galego nas celebracións litúrxicas, compoñendo a anteriormente reseñada misa en galego no ano 1969, enfrontándose con valentía ao rexeitamento da sociedade de aquel entón.

 

Todas estas obras quedan recollidas no libro recompilatorio de Sebastián Paz Ortiz, que foi posible publicar grazas á inestimable axuda da Excelentísima Deputación da Coruña que subvenciona este traballo e leva amosando o seu apoio ano tras ano nas actividades e investimentos que realiza esta asociación.

 

Pero non sería posible sen a colaboración e gran labor do músico e compositor Sebastián Paz Suárez, fillo do protagonista do libro, que preservou durante anos con moito mimo e agarimo as obras que hoxe se se recollen nel e que podemos escoitar nesta páxina.

 

Tamén compre agradecer a colaboración de María Uxía Gandarela Fabeiro que de xeito altruísta acometeu a dixitalización das partituras e creou estes audios que nos permiten escoitalas.

1583936893832.jpg
Asociación Cultural e de Protección do Patrimonio Parroquial
o Tapal de San Martiño de Noia

Write Us

__

otapaldenoia@gmail.com

​

Ares de Guisamonde, nº1

Noia (15200) A Coruña

  • Grey Instagram Icon
  • Grey Facebook Icon

Thanks for submitting!

bottom of page