
Intervencións e eventos realizados
Aquí podes ver algunhas das labores realizadas pola asociación nos últimos anos

Banco regulable
No ano 2019 incorporouse un novo banco regulable que permite a calquera organista accionar os pedáis con comodidade.
O deseño do banco responde aos motivos ornamentáis da caixa do órgano.
Foi subvencionado pola Excelentísima Deputación da Coruña
Restauración do rexistro da quincena
No ano 2016 procedeuse á restauración e afinación do rexistro denoinado quincena. Este rexistro ten a particularidade de cantar dúas oitavas por enriba do tono correspondente a cada tecla.
Esta intervención foi realizada polo taller de organería de Antonio Apiazu, e subvencionada pola Excelentísima Deputación da Coruña


I ciclo de órgano de San Martiño de Noia
Celebrouse en Decembro de 2018
NOTAS INTRODUCTORIAS Á ARQUITECTURA E ESCULTURA DE SAN MARTIÑO DE NOIA
A historiadora Concha Allut fixo unha aproximación á igrexa de San Martiño de Noia como peza na que se enmarca o órgano construído polos irmáns Inchaurbe no 1902.
O ÓRGANO, CONFERENCIA E ILUSTRACIÓN SONORA
O órgano como instrumento musical. O órgano na Arquidiocese de Santiago. Relación dos órganos da Arquidiocese de Santiago. O órgano da igrexa de San Martiño de Noia. Orador: Dr. D. Óscar Valado Domínguez. Organista: David Antonio Maceira Martínez.
OS SONS DO ÓRGANO. CONCERTO DIDÁCTICO
O organista Joaquín Barreira ofreceu un concerto didáctico no que mostrou o son dos diferentes rexistros do órgano, así como as principais diferencias sonoras e de utilización dos mesmos.
Cartel deseñado polo debuxante Alfonso Barreiro.
O evento foi subvencionado pola Excelentísima Deputación da Coruña
I Xornadas de Portas abertas
I Curso de Verán de Órgano
No 2019 celebráronse as primeiras xornadas de portas abertas ao órgano de San Martiño de Noia.
Tamén se celebrou o primeiro curso de verán de órgano, impartido polo mestre organista David Maceira.


Renovación do motor do Órgano
O motor existente databa de 1990. Por unha banda resultaba insuficiente para abastecer a totalidade dos rexistros do órgano. Por outra banda están os factores de desgaste de 30 anos de funcionamento e as fugas de aire que ten o instrumento, que se intensifican en verán ao contraerse as pezas de madeira ocasionando fugas.
Por estes motivos, decídese investir nun motor novo coa axuda da Deputación da Coruña, ao amapro do programa FO204/2021.
As características do novo motor son:
Organblower type VE09120M FS (standard shape) Hp. 0,50 -1ph. A.C. - 230 Volt -50 Hz. -2800 rpm Wind production 9 m3/min - Pressure 120 mm H2O.

Obradoiro de
afinación de Órgano
No 2021 organizouse o primeiro obradoiro de afinación do órgano de San Martiño de Noia. Esta actividade estivo subvencionada pola Deputación da Coruña ao amparo do programa FO203/2021
Neste obradoiro púxose a funcionar os dous rexistros que forman a batalla que sae en voadizo dende a fachada do órgano.
Estes dous rexistros son a trompeta (8') e o clarín (4')
No mesmo déronse unhas nocións de afinación e de reparación do vento. Como parte práctica, realizouse unha válvula de acoplamento do motor ao portaventos que conduce o aire cara o fol, realizada con madeira e pel de vaca.


Renovación da caixa do motor do Órgano
No 2021 renovouse tamén a caixa de insonorización do motor do órgano.
Esta caixa ten unha válvula para a admisión do aire que se pecha automáticamente cando o órgano non está encendido para evitar que a humidade e o pó poidan danar o motor.
A peza de conexión entre o motor e o portaventos que leva o aire ata o fol, ten unha solución flexible que atravesa a caixa sen transmitir as vibracións que produce o motor.
Obradoiro de restauración
dos segredos do órgano
No 2022 realizouse un obradoiro de restauración dos segredos do órgano. A actividade realizouse coa axuda da Deputación da Coruña ao amparo do programa FO203/2022.
O órgano maior conta con tres segredos, un central no que se asentan directamente a maior parte dos tubos, e un a cada lado no que se asentan os tubos de maior dimensión, que se corresponden coa primeira octava do rexistro denominado violón 16, con transmisión pneumática dende o central.
O obradoiro centrouse neses dous segredos do órgano maior situados nos laterais da caixa do órgano, sobre os que se asentan un total de 12 tubos, 6 sobre cada un, dende do DO1 ata o SI1.
Así mesmo, debido a que o órgano foi construído con madeira de piñeiro na súa gran maior parte, estes dous segredos atopábanse atacados pola carcoma, e foi preciso realizar un tramento antixilófagos previo á realización do obradoiro.


Adquisición de panderetes para os Nazardos do órgano
Os Nazardos son un medio rexistro de DO1 a SI2 (dúas octavas) que se activa de forma conxunta coa Corneta do órgano recitativo (DO3 a SOL5). Foron retirados nunha intervención que sufriu o órgano a mediados do século pasado, tapándose os ocos de saída de aire dende o segredo.
Temos constancia da súa existencia gracias á documentación conservada de anos anteriores, e sabemos que, a diferencia da corneta que está composta de 5 tubos por cada nota, os Nazardos estaban compostos de 3 tubos por cada nota gracias a que os organistas que nos precederon conservaron os vellos panderetes de madeira de piñeiro.
Estes panderetes están afectados pola carcoma e, o que é aínda peor, teñen fendas que deixan escapar o aire producindo traspasos dunha nota a outra polo que ao baixar unha tecla no teclado soarían os tubos correspondentes e os tubos das notas colindantes. Por esta razón resultan inservibles.
Os novos panderetes adquiridos están realizados con madeira de castiñeiro, que é máis durable que a de piñeiro. Están copiados fielmente polos orixinais.
Constan dunha peza inferior que ten un grosor considerable xa que polo seu interior están vaciadas 12 canles que alimentarían 3 tubos por cada tecla con aire procedente do fol. Na cara superior están os ocos correspondentes aos tubos, e na cara inferior están os ocos correspondentes á alimentación de aire.
Un pouco máis arriba contan con outra peza con tantos ocos como tubos, que ten a función de manter en vertical os tubos evitando forzar os pés destes e que caian.
Esta inversión realizouse coa axuda da Deputación da Coruña ao amparo do programa FO204/2022.

Concerto de Pascua
En abril de 2022 realizouse un concerto de Pascua.
Co órgano como protagonista, o concerto realizouse baixo a dirección do Profesor Alejandro Guillermo.
Programa 1ª parte
1 – How Beatiful are the feet - G. F. Haendel (1685 – 1759) Solista: Inés Gonzalez Oliveira
2 – I Know that my Redeemer liveth - G. F. Haendel (1685 – 1759) Solista: Alba Blanco Allo
3 – Ave María - Pietro Mascagni (1863 – 1945) Solista: Inés Gonzalez Oliveira
4 – Angele Dei - Ennio Morricone (1928 – 2020) Solista: Alba Blanco Allo
5 – Oh Jesulein Süss - Johann Sebastian Bach (1685 – 1750) Solista: Alejandro Guillermo
Programa 2ª parte
6 – Christus Vincit - Jan Kunc (1883 - 1976) Coral femenina “Barbanza”
7 – Domine Salvum me fac - Lorenzo Perosi (1872 - 1956) Coral femenina “Barbanza”
8 – Ave Verum Corpus - W. Amadeus Mozart (1756 - 1791) Grupo Vocal e Instrumental Atlántico de Noia
9 – Pie Jesu - Andrew Lloyd Webber (1948) Grupo Vocal e Instrumental Atlántico de Noia




Adquisicións de equipamento
para o órgano
Pés de madeira para tubos de madeira (Pedal-Contras):
Os tubos do Pedal teñen dous tipos de tubos: os abertos e os pechados. Os pechados sitúanse detrás dos abertos. Para que os abertos non lle tapen a boca aos pechados, os pés dos abertos son máis altos que os dos pechados. Estes pés teñen unha canle interior que permite que o aire chegue ata os tubos. Os pés baixos estaban feitos nunha soa peza, mentres que os altos estaban feitos en dúas pezas unidas cunha peza de coiro. Moitos deles estaban afectados pola couza ou presentaban fendas que os facían inservibles, ademais de supoñer un risco de propagación da couza. Os novos pés realizáronse mantendo as dimensións e pasos de aire dos existentes, pero no caso dos altos fixéronse nunha soa peza para evitar fugas.
Pés de madeira para tubos de madeira (Violón 16)
No caso dos tubos do violón 16, os doce primeiros tubos do rexistro levaban anos fora do órgano. Para poder asentalos novamente sobre os secretiños era necesario conseguir uns pés para alimentalos. Estes fixéronse segundo as dimensións dos orixinais que se conservaban, que non resultaban aproveitables por estar afectados pola carcoma e presentar fendas. Nas imaxes que se adxuntan pódense ver os grandes tubos vermellos de madeira que se corresponden.
Canles portaventos de madeira para conexión de segredos do violón 16 coa canlexeral de subministro de aire:
Estas canles permitirán reconectar os segrediños do violón 16 coa canle xeral de aire, posibilitando que o aire chegue a estes doce primeiros tubos do rexistro e poidan soar. Estas son de características similares ás orixinais do órgano, e permitirán retirar os tubos flexibles que se instalaron provisionalmente.
‐
Embelecedor frontal para teclado
Nun dos teclados faltaba o embelecedor frontal que oculta o bastidor sobre o que se asentan as teclas. Adquiriuse este embelecedor do mesmo tipo de madeira ca existente e tratouse de igualar a cor coa mesma. Colocados sobreo banco, o embelecedor situado abaixo é o novo realizado para o frente do segundo teclado,mentres que o outro é o existente que oculta o frente do primeiro teclado.
Todas estes investimentos foron subvencionados pola Deputación da Coruña ao amparo do programa FO204/2023.
Adquisicións de tubos para o rexistro dos Nazardos ou Nasardos
Suministro de Nazardos 3 filas (2 2/3' , 2' , 1 3/5', con 72 tubos) para órgano de tubos de la iglesia de San Martin de Noia.
Os Nazardos, ou Nasardos, era un rexistro do órgano que ocupaba as dúas primeiras oitavas da canle do rexistro da Corneta dende a orixe do órgano ata a restauración que se realizou a mediados do século XX na que foron retirados. Os orixinais non se conservan a día de hoxe.
Trátase dun rexistro de mutación composto por tubos da familia do flautado que non dan a nota correspondente á tecla que se preme, polo que non pode ser accionado en solitario. Este rexistro xunto coa Corneta ou o Cheo apórtalle brillo ao órgano xerando un son moi penetrante e característico dos órganos.
Tras un estudio previo realizado, no que se examinou a documentación histórica do órgano, determinouse que os Nazardos ocupaban as dúas primeiras octavas da canle correspondente á Corneta. Se ben esta está composta de 5 filas de tubos por cada tecla, os Nazardos estaban compostos orixinariamente por 3 filas de tubos por cada tecla.
Os tubos foron feitos a medida para este órgano, xa que para a súa fabricación se estudiaron os tubos da Corneta, tomando deles a proporción xeomética e a relación chumbo - estaño. Nas fotos pódense ver os tubos da Corneta que serviron de base para a fabricación dos Nazardos, que son os 5 tubos correspondentes ao C3 e C4.
Este investimento foi subvencionado pola Deputación da Coruña ao amparo do programa FO204/2024.





Obradoiro de afinacíón de Órgano

No 2024 organizouse novamente un obradoiro de afinación do órgano de San Martiño de Noia. Esta actividade estivo subvencionada pola Deputación da Coruña ao amparo do programa FO203/2024
Neste obradoiro abordouse o método de afinación dos rexistros que compoñen o órgano, tanto os das familiar dos flautados como os das lingüetas. Dentro dos primeiros distinguiuse entre os tubos abertos, que á súa vez se diferencian entre os que teñen entalalla de afinador e os que están cortados a tono, e os tapados, que teñen a aprcicularidade de emitir a son que lle correspondería a un tubo aberto co dobre de tamaño.
Con este tipo de actividades preténdese formar a xente que sexa capaz de realizar o mantemento diario que precisa o órgano, co fin de mantelo nas condiións idóneas para o seu funcionamento habitual.